A promoción 1985-1990 de Química conmemora o 25 aniversario da súa graduación
A promoción de Química 1985-1990 celebrou esta pasada fin de semana o 25 aniversario da súa graduación cun acto na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química.
Presidiu a xornada a decana do centro Pilar Bermejo, xunto a quen tamén participaron o profesor Miguel A. Ríos que interveu en representación do profesorado, mentres que José L. Rodríguez o fixo representando aos integrantes da promoción.