Ir o contido principal
STG

A promoción 2002-2007 de Económicas celebra este sábado o seu acto de licenciatura

A promoción 2002-2007 de Economía da USC celebra este sábado, día 28, o seu acto de licenciatura nunha cerimonia que se desenvolverá a partir das 18:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca baixo a presidencia do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto.
Ao acto, no que participan 60 alumnos, asistirán o padriño da promoción, o director xeral de Blue:Sens, José Ramón García; o presidente do Colexio de Economistas da Coruña, Roberto Pereira; a decana da Facultade, María Teresa Cancelo; e o ex decano do centro, Xaime Barreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2007.