Ir o contido principal
STG

A segunda promoción do Grao en Economía celebra en Fonseca o seu acto de graduación

Apadriñada polo director-xerente da Fundación dos Ferrocarrís Españois e ex decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, Xaime Barreiro Gil, a segunda promoción do Grao en Economía celebra este sábado 11 no Colexio de Fonseca o seu acto de graduación. A cerimonia terá lugar a partir das 12:00 horas no Salón Nobre presidida pola vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna Agra. Nela intervirá, ademais do padriño, o presidente do Consello Galego de Economistas, Roberto Pereira Costa; o vicedecano de Estudantes e Intercambios da Facultade, Alejandro Ballesteros Ron; os estudantes Carlota Marcos Lorenzo e Miguel Eduardo Rodríguez Vázquez, e o profesor Edelmiro López Iglesias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2011.