Ir o contido principal
STG

A X Promoción de Relacións Laborais ddo Campus de Lugo celebra o seu acto de graduación

A décima promoción de diplomados da Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo celebra este venres 1 de xuño, no Salón de Actos do centro, o acto académico da súa graduación.
Á entrega de diplomas e imposición de insignias aos novos titulados asistirá o padriño da promoción, o profesor da Escola e Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Elías López Paz. Nun acto no que a alumna Esther Pérez Vazquez recibirá o recoñecemento ao mellor expediente académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2007.