Ir o contido principal
STG

Prosegue aberto o prazo do concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’

Quen desexe participar deberán realizar, antes do 31 de marzo, unha curtametraxes de dous minutos de duración na que se explique en galego un concepto matemático

‘Explícoche Matemáticas 2.0’ é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia e a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia que promove a Facultade de Matemáticas da USC e a súa Comisión de Normalización Lingüística. O obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático. Os equipos gañadores recibirán un tablet bq Edison 2, que recibirán nun acto público no mes de maio, co gallo do Día das Letras Galegas. Cada participante, individual ou en grupo, deberán presentar un vídeo de 2 minutos de duración. A temática e enfoque pode ser máis formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación) ou pode recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social. É condición indispensable que a lingua empregada sexa a galega. As persoas que participen poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico para a realización da curtametraxe. As bases da convocatoria pódense consultar na web da Facultade de Matemáticas. Os proxectos realizados poden remitirse ata o 31 de marzo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2014.