Ir o contido principal
STG

A proxección de ‘Vivement dimanche’ cerra o ciclo de cinema negro francés en Humanidades

Cartaz do filme
Cartaz do filme

A proxección do filme ‘Vivement dimanche’ cerra este martes a terceira edición do ciclo de cinema negro francés no salón de actos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, onde se poderá visualizar a última creación de François Truffaut, que conta nos seus papeis principais con Fanny Ardant e Louis Trintignan.

A proxección deste filme comezará ás 19.30 horas e, como é costume neste ciclo, farase en versión orixinal con subtítulos en castelán. A entrada é libre e de balde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2016.