Ir o contido principal
STG

O Proxecto de Hortos Urbanos da USC organizará en decembro dous obradoiros de elaboración de conservas

Dando continuidade ao Plan Formativo do Proxecto de Hortos Urbanos da USC, no mes de decembro organizaranse dous obradoiros de elaboración de conservas. Desenvolveranse nas cociñas do Colexio Maior Fonseca, en Santiago, e da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo nas tardes dos días 18 e 19 de decembro, respectivamente. A inscrición será de balde (cunha achega voluntaria de 2 euros para material), e para facela efectiva haberá que enviar antes das 13.00 horas do día anterior ao obradoiro un correo a entransicion [at] usc.es (entransicion[at]usc[dot]es), indicando nome completo, colectivo ao que se pertence (estudante, PDI e PAS), centro de estudos ou traballo e correo electrónico. As prazas serán limitadas e cubriranse por orde de inscrición dando prioridade aos membros da comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.12.2012.