Ir o contido principal
STG

Publicada a convocatoria para o desenvolvemento de actividades culturais e físico-deportivas impulsadas polo estudantado

Enténdese por actividade aquela actuación organizada de carácter físico-deportiva ou cultural que sexa proposta por unha persoa que pertenza ao colectivo estudantil da USC. FOTO: Santi Alvite
Enténdese por actividade aquela actuación organizada de carácter físico-deportiva ou cultural que sexa proposta por unha persoa que pertenza ao colectivo estudantil da USC. FOTO: Santi Alvite
As solicitudes poden presentarse ata o 15 de outubro de 2026 e, en calquera caso, como mínimo 21 días antes do desenvolvemento da actividade

Co ánimo de fomentar a iniciativa cultural e deportiva do estudantado da USC, a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura en colaboración coa Área Deportiva lanza unha nova convocatoria para o desenvolvemento de actividades culturais e físico-deportivas que xurdan no ámbito da poboación estudantil universitaria. As solicitudes poden presentarse ata o 15 de outubro de 2026 e, en calquera caso, como mínimo 21 días antes do desenvolvemento da actividade.

Enténdese por actividade aquela actuación organizada de carácter físico-deportiva ou cultural que sexa proposta por unha persoa que pertenza ao colectivo estudantil da USC. Quedan excluídas do ámbito desta convocatoria as actividades de carácter académico ou científico, as viaxes, as que se solapen con outras xa subvencionadas por outras liñas de axuda da USC, os proxectos presentados directa ou indirectamente en nome de organizacións, sindicatos e/ou partidos políticos, así como as realizadas en nome de colectivos non universitarios. A contía máxima outorgada por solicitude será de 400 euros. As solicitudes, dirixidas á Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, deben presentarse no rexistro da sede electrónica da USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2026.