Ir o contido principal
STG

Os Puntos de Atención Emprendedora presentaranse a videira semana en Ciencias Económicas

Os Puntos de Atención Emprendedora (PAE) presentaranse os vindeiros días 3 e 4 de maio no transcurso dunhas xornadas que organiza a Cátedra Bancaja de Emprendedores Novos da USC e nas que tamén se presentara o II Programa Impulso de Bancaja. O encontro celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Esta é unha iniciativa que xorde da colaboración que desenvolve a USC a través da Cátedra da Mocidade Emprendedora con Bancaja, a Fundación Incyde e a Cámara de Comercio de Santiago. A finalidade é o fomento do espírito emprendedor e o apoio aos universitarios na posta en marcha de proxectos emprendedores e creación de novas empresas. Nestas xornadas preténdese reforzar a interacción e o intercambio de ideas, proxectos e experiencias, o que queda reflectido nun programa que inclúe a presentación de recursos para o emprendemento dentro da USC, experiencias emprendedoras de éxito e talleres para o estudantado que desexe iniciarse e coñecer máis de cerca as posibilidades de desenvolver os seus proxectos. Coa creación dos PAE nos campus Vida, Norte e de Lugo, a USC centraliza a información e recursos a disposición dos estudantes emprendedores nunha ‘ventanilla única’. As persoas interesadas poden acadar máis información sobre o programas das xornadas na web http://www.incyde.org/AdjuntosEventos/_Diptic.pdf

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2012.