Nova quenda para a solidariedade
Os universitarios de Santiago e Lugo terán a vindeira semana, o mércores 28 e o xoves 29, unha nova oportunidade de doar sangue. O mércores 28, no Campus de Santiago, a unidade móbil emprazarase fronte á escola de Relacións Laborais e á Facultade de Ciencias Políticas, mentres que en Lugo estará no complexo docente que conforman a Facultade de Humanidades e as escolas de Enfermaría e de Relacións Laborais.
Xa o xoves 29, a unidade desprazarase ata a Facultade de Química, onde se situará fronte á entrada principal do centro. En ambos os dous días, o horario de doazón será de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.