Ir o contido principal
STG

O ránking Shanghai destaca a produción científica da USC en 17 áreas temáticas

Logo do Academic Ranking of World Universities, máis coñecidos como ránking de Shanghai
Logo do Academic Ranking of World Universities, máis coñecidos como ránking de Shanghai
En Ciencias Veterinarias, a USC figura entre as 76-100 mellores do mundo
Lugo, Santiago de Compostela

A USC é unha das universidades máis destacadas do mundo nun total de 17 ámbitos específicos das Ciencias Naturais, a Enxeñaría, as Ciencias da Vida, as Ciencias Médicas e as Ciencias Sociais, segundo se desprende da última edición do ránking de Shanghai por materias (ARWU). A de Santiago é unha das máis de 1.700 universidades de 86 países recollidas nesta versión por ámbitos temáticos específicos. Ademais dunha enquisa de excelencia académica, esta clasificación toma en consideración os datos bibliométricos de Web of Science e InCites para medir a grao de produtividade investigadora de cada institución analizada a súa calidade ou o alcance das colaboracións internacionais, entre outros aspectos.

A produción científica en Ciencia veterinaria é o ámbito da USC mellor valorado, xa que por esta materia a institución compostelá atópase na posición 76-100 das mellores universidades, seguido do de Tecnoloxía e Ciencia dos Alimentos (101-150) e Odontoloxía e Ciencias Orais (151-200). No intervalo 201-300 das mellores universidades do mundo, atópase a produción investigadora da USC en Ciencia da Agricultura, Enxeñaría e Ciencia da Enerxía, Enxeñaría e Ciencia Medioambiental, Xeografía, Física e Farmacia e Ciencias Farmacéuticas.

No seguinte intervalo, de 301 a 400, atópase a produción en Ciencias Biolóxicas, Biotecnoloxía, Enxeñaría Química, Química, Economía e Matemáticas. Completan este conxunto de disciplinas máis destacadas a investigación realizada en Ecoloxía e a de Saúde Pública, no intervalo 401-500.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.01.2020.