Ir o contido principal
STG

‘Tras os rastros nun piñeiral costeiro’, novo obradoiro familiar do Museo de Historia Natural

Cartel da iniciativa
Cartel da iniciativa
Cada martes e cada xoves, o Museo publica unha actividade manual, ficha informativa e preguntas sobre un tema na súa páxina web baixo o lema ‘O MHN na casa’
Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural (MHN) da USC está a impulsar unha serie de obradoiros familiares, dirixidos aos nenos e nenas, a través da súa páxina web baixo o lema ‘O MHN na casa’. Cada martes e cada xoves, o Museo publica unha actividade manual, ficha informativa e preguntas sobre o tema a tratar.

A web do museo comezou a publicar actividades para realizar no fogar durante o período de confinamento. Dende entón, os máis pequenos da casa puideron descubrir a importancia dos caracois na natureza, afondar no concepto de biodegradación, o problema do desxeo, ou a auga con superpoderes, entre outras cuestións obxecto de análise. A web do Museo acaba de publicar a actividade número 26: ‘Tras os rastros nun piñeiral costeiro’, para realizar unha saída ao bosque e observar o que alí se pode atopar.

Enviando unha fotografía para compartir nas redes sociais do MHN ao correo visitas.museohistorianatural [at] usc.es (visitas[dot]museohistorianatural[at]usc[dot]es), as persoas participantes entran no sorteo mensual dunha visita familiar gratuíta ao Museo, unha libreta, un marcapáxinas, unha maqueta de madeira Wood Models e un mineral a elixir de entre as existencias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2024.