Recepción en San Xerome ao embaixador da República Checa
O embaixador da República Checa, Martin Kosatka, visita este martes, día 24, a Universidade de Santiago onde será recibido, ás 16:30 horas en San Xerome, polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto. Logo da recepción, o embaixador participará nunha charla-coloquio ás 19:30 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (Campus Sur).
O embaixador da República Checa foi recoñecido coa Cruz ao Mérito do Ministro checo de Defensa e a Placa de Plata do Ministerio de Asuntos Exteriores.