O reitor preside na ETSE a graduación da primeira promoción do grao de Enxeñaría Química
O reitor Juan Casares presidirá o acto de graduación da primeira promoción do grao de Enxeñaría Química nun acto no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) este venres 7 ás 19.00 horas coa realización da fotografía oficial. A quenda de intervencións principiará da man dunha representación do alumnado que integran Yolanda Moldes e Justo J. Rama, que darán paso ao padriño da promoción, o profesor Héctor Rodríguez Martínez, ao director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo, e o ao subdirector da ETSE, Francisco Omil.
Tamén intervirá o director do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Luis Llamas, que precederá á entrega de diplomas conmemorativos da graduación ao estudantado da promoción e á clausura a cargo do reitor.