Ir o contido principal
STG

Remata o coloquio que reuniu o mellor persoal investigador da literatura románica medieval na Facultade de Filoloxía

O coloquio internacional ‘A expresión das emocións na lírica románica medieval’ desenvolve este xoves en Filoloxía a súa derradeira sesión. Nel déronse a coñecer os principais resultados do proxecto que co mesmo nome desenvolveu o grupo Románicas (Filoloxía, Literatura medieval) da USC xunto con persoal investigador de distintas universidades españolas e europeas. O encontro péchase coa intervención de Giuseppe Tavani, catedrático da Università degli Studi di Roma La Sapienza e recoñecido investigador da lírica románica medieval, cuxos estudos sobre a lírica galego-portuguesa medieval son considerados fundamentais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2015.