Remata a primeira quenda dos Campus Científicos de Verán coa presentación dos traballos
O estudantado de 1º de Bacharelato que, procedente de diversos lugares de España, participou esta semana nos Campus Científicos de Verán 2019 rematarán este venres 5 a súa estadía coa lectura dos traballos de investigación. A presentación dos resultados está prevista para as 10.00 horas na Salón de Graos da Facultade de Matemáticas. Esta é unha actividade que organizada pola FECYT e os ministerios de Educación e Formación Profesional e de Ciencia, Innovación e Universidades. Ademais das actividade ao abeiro dos distintos proxectos, o alumnado realizou visitou ao patrimonio histórico da USC, ao Museo de Historia Natural, ademais dunha excursión a Fisterra.
A segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato, será recibida o luns 8 ás 10.00 horas no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e polo coodinador desta actividade, o profesor Celso Rodríguez Fernández, ademais de polos responsables dos proxectos.