Ir o contido principal
STG

Remata este venres a cuarta e derradeira quenda dos Campus Científicos de Verán coa presentación dos traballos

Remata este venres a cuarta e derradeira quenda dos Campus Científicos de Verán coa presentación dos traballos
Remata este venres a cuarta e derradeira quenda dos Campus Científicos de Verán coa presentación dos traballos
A Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo Moledo asistirá á presentación dos resultados na Facultade de Matemáticas
Santiago de Compostela

O estudantado de 4º de ESO que, procedente de diversos lugares de España, participou esta semana nos Campus Científicos de Verán 2019, Universidade de Santiago de Compostela, FECYT, Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades rematarán, este venres 26, a súa estadía coa lectura dos traballos de investigación. A Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo Moledo asistirá á presentación dos resultados prevista para as 10.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas e á posterior entrega de diplomas.

O mércores 24 de xullo, Mª Rosario Moreno Warleta, xefa da Sección da Subdirección Xeral de Bolsas, axuda ao estudo e á promoción educativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, visitou as instalacións onde se levan a cabo os proxectos de investigación, no Campus Vida da USC. Na súa visita estivo acompañada polo profesor Celso Rodríguez Fernández, Coordinador do Campus Científicos, e dos responsables dos proxectos, Mª. Victoria Otero Espinar de “ MathematiCSI:Mathematical Scene Investigation”, Franciso J. Otero Espinar de “A maxia dos hidroxeles intelixentes”, Xabier Cid Vidal de “Buscando partículas no maior acelerador da historia: LHC” e Gumersindo Feijoo Costa do proxecto “¿Cómo eliminar a contaminación da auga? ¡Atrévete a investigar e innovar!”

Neste curso que remata, o estudantado asistiu á conferencia “Qué distancia nos separa do firmamento”,, impartida polo profesor Jorge Mira Pérez, fixeron unha excursión a Fisterra e visitaron o Patrimonio Histórico da USC e o Museo de Historia Natural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.12.2019.