A Residencia Burgo das Nacións organiza unha charla-coloquio sobre 'Alcol e mocidade'
A Residencia Universitaria Burgo das Nacións organiza o vindeiro luns 21 unha charla-coloquio sobre ‘Alcol e mocidade’ que impartirá a profesora da Facultade de Medicina da USC Ángeles Lorenzo. A sesión comezará ás 21:00 horas na Sala de Cinema do centro.
Con motivo do Día das Letras Galegas, a mesma residencia universitaria organiza o mércores 23 a partir das 21:00 horas unha conferencia da profesora de Literatura Galega da USC Carmen Blanco titulada ‘A tea entraña do tecer de María Mariño’.