Residentes da RU Monte da Condesa ofrecen este martes un concerto
A Residencia Universitaria Monte da Condesa acolle este martes, día 10, ás 22:00 horas un concerto no que actuarán os residentes do centro Andrea Otero como vocalista, Noelia Míguez á guitarra acústica, Mario Arranz ao baixo eléctrico, e Aleixandre Ríos ao piano.
Enmarcada no programa ‘As noites musicais da Condesa’, a actuación ofrecerá un variado repertorio que comprende temas de ‘The Beatles’, ‘Mecano’ ou standards do jazz inspirados nas interpretacións de Diana Krall ou Ella Fitzgerald. Os bolseiros das actividades socioculturais, musicais e da biblioteca da residencia organizaron este concerto de entrada gratuíta e aberto ao público xeral.