Resolto o I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible
O vídeo titulado ‘Obtención de hidróxeno mediante a electrólise da auga’ e elaborado por Adriana Barros Martínez, Ana López Blanco, Nuria Vázquez Galiñanes e María Isabel Velo Heleno, acaba de proclamarse vencedor no marco do I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible. A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC convocou a primeira edición deste certame para coa intención de divulgar en galego as achegas da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria.
Ángela Arnosa Prieto co traballo titulado ‘Materiais celulósicos prara a eliminación de contaminantes e augas’ quedou en segundo lugar; mentres que Laura Rodríguez Novoa obtivo o terceiro premio grazas ao vídeo ‘Química verde. Creación de combustibles usando CO2’. Os traballos foron premiados con 400, 300 e 200 euros, respectivamente.