Ir o contido principal
STG

O reto estratéxico da internacionalización, tema dun xornada de debate na Universidade

De esquerda a dereita, Javier Aguilera, Juan Casares e José Luis Antuña
De esquerda a dereita, Javier Aguilera, Juan Casares e José Luis Antuña
Este venres16, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

O reitor Juan Casares presidiu a inauguración dunha xornada de debate sobre ‘O reto estratéxico da internacionalización’ que, promovida polo Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, desenvolveuse na Facultade de Ciencias Económicas Empresariais e e na que participaron un nutrido grupo de estudantes, profesionais e expertos do Clúster Alimentario de Galicia. Xunto ao reitor participaron no acto de inauguración, o director do IGAPE, Javier Aguilera e o presidente do Clúster Alimentario de Galicia, José Luis Antuña. Na xornada participan empresas do sector alimentario como Feiraco, Coren, Estrella Galicia, Bodegas Martín Códax ou Pescanova, entre outros, así como as tres universidades galegas. O tema da formación é precisamente un dos máis aludidos nos debates, porque –como dixo o reitor de Santiago- “ en Galicia temos capacidade para producir e capacidade para innovar, a través do coñecemento”.

Neste tema tamén insistiu Javier Aguilera, director do IGAPE, Asegurando que a formación é un dos piares fundamentais para o desenvolvemento das empresas e da sociedade, se esquecerse da internacionalización e da cooperación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.03.2012.