Os retos fronte aos novos mercados turísticos alemán e austríaco centran un novo seminario do Cetur
O Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela (Cetur) organiza a vindeira semana, o xoves 31, un novo seminario no que se analizarán os ‘Retos fronte aos novos mercados turísticos. Alemaña e Austria’.
O curso, cuxo prazo de inscrición permanece aberto ata o 30 de maio, celebrarase no Hostal dos Reis Católicos e nel participarán o director comercial para España e Portugal de Air Berlín, Pablo Caspers; os directores das Oficinas Españolas de Turismo en Frankfurt e en Viena, Horacio Díaz del Barco e Félix de Paz, respectivamente; e o director internacional de estratexias de Turismo de Cataluña, Claes Ackerblom.
Na sesión da tarde desenvolverase unha mesa redonda sobre os novos retos turísticos nos dous países europeos na que participarán a xefa da área de Promoción Turismo de Santiago, Flavia Ramil Millarengo; o xefe da área de Congresos de Turgalicia SA, José Ramón Castiñeiras; e o director xerente de Viajes Orbis, Manuel López Aneiros.