Ir o contido principal
STG

Os retos na inclusión social da infancia en risco, a análise nun curso da USC

Os retos na inclusión social da infancia en risco, a análise nun curso da USC
Os retos na inclusión social da infancia en risco, a análise nun curso da USC

Coñecedores do alto descoñecemento que existe sobre a lei do Menor, o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC xunto con Intervida e a asociación Arela organizan esta semana un curso que reunirá a diferentes especialistas que analizarán polo miúdo os retos na inclusión social da infancia en risco. O curso, a desenvolver na Aula Magna da Facultade de Matemáticas entre os días 11 e 13 de maio, resulta de especial interese para todas aquelas persoas que desenvolvan o seu labor no eido educativo, toda vez que nestes últimos anos se produciu un aumento do número de adolescentes, mozas e mozos que cumpren medidas xudiciais en Galicia. A apertura será este venres 11 ás 17.30 horas da mando vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o director de Arela, Nacho Pérez Figueroa; e a coordinadora do Programa para o Cuarto Mundo da Fundación Intervida, Pepa Domingo Puig, que explicará os detalles dese programa e dará paso a un panel de experiencias de diversos proxectos. As sesións do sábado profundarán nos aspectos teóricos e técnicos da lei do Menor e no papel dos diferentes actores na súa execución. Estas charlas correrán a cargo da coordinadora da área de conflito social de Arela, Ana Pérez Figueroa, e dun fiscal e dun xuíz de menores. Xa o domingo todas as persoas asistentes participarán nunha xuntanza de traballo en rede con profesionais do sector.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2012.