Ir o contido principal
STG

Santiago Carrillo apadriña a promoción 2002-2007 de Ciencias Políticas e da Administración da USC

O ex líder do Partido Comunista de España, Santiago Carrillo apadriñou a promoción 2002-2007 da Licenciatura de Ciencias Políticas e da Administración da Universidade de Santiago de Compostela.
No acto, que se desenvolveou o sábado, día 28, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, Santiago Carrillo pronunciou unha conferencia, para un auditorio repleto de estudantes, pais e profesores, que tamén presenciaron a entrega de diplomas aos integrantes da promoción e escoitaron a intervención de Marcos Reimúnde, en representación dos estudantes, e de Nieves Lagares, decana da Facultade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2007.