Ir o contido principal
STG

A sección galega da SECC convida a observar os "ceos míticos" de Compostela

A Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC) convida a participar o vindeiro martes 18 nunha actividade de observación dos ceos de Compostela. En concreto, e baixo o nome de Astrofiloloxía, animan a ver “os ceos míticos” dende a Facultade de Filoloxía da USC.
Así, a partir das 21.30 da noite os compoñentes de Astronomía na beirarrúa e de Vega, Clube de Astronomía instalarán nas proximidades da Facultade os seus telescopios para poder observar o ceo compostelán, cheo de mitoloxía.
Nesa data, do Sistema Solar poderase ver a Lúa, Venus, Marte e Saturno. Das Constelacións Zodiacais serán ben visibles Gemini, Cancer, Leo, Virgo e Libra; e das Boreais, Ursae (Major et Minor), Boötes, Draco, Hercules, a Corona Borealis, Canes Venatici, Coma Berenices e Lyra coa estrela Vega. Tamén estarán presentes esa noite no ceo Perseus, Cassiopeia, Cepheus, Corvus, Crater e Hydra. Estas últimas serán máis difíciles de ver dende a cidade por estar case no horizonte e, desafortunadamente, Andromeda atoparase xa por debaixo do horizonte.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2010.