As segundas xornadas do Núcleo de Usuarios de XeBook celébranse na Facultade de Matemáticas
A USC colabora no desenvolvemento das segundas xornadas NUX, encontro de provedores de contidos e bibliotecas que utilizan como sistema de préstamo electrónico XeBook. A vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes inaugurará o encontro este luns 13 a partir das 16.30 horas na Facultade de Matemáticas onde se vai desenvolver ata este martes 14.
O obxectivo desta xuntanza é coñecer as experiencias e as necesidades de cada dunhas das partes implicadas arredor deste sistema de préstamos electrónico, así como estimular os acordos entre bibliotecas así como con provedores e, así, propiciar o xurdimento de novas propostas de actuación.
O Núcleo de Usuarios de XeBook (NUX) está formado por institucións que teñan implementado a plataforma XeBook como ferramenta para o acceso a contidos dixitais, libros electrónicos ou outras publicacións, que estean suxeitas a DRM principalmente. É un grupo aberto a todas as bibliotecas que traballen con esta tecnoloxía no ámbito da xestión de préstamos do libro electrónico e igualmente a todas aqueles institucións que desexen empregalo como plataforma para intercambio.
A USC forma parte do grupo de usuario dende a súa constitución. En 2015 lanzouse oficialmente a plataforma de préstamo electrónico PRELO na USC, dentro dun proxecto pioneiro na universidade española e onde colaboran o Servizo de Publicacións e a Biblioteca Universitaria.