Un seminario aborda a función estratéxica da dirección financeira dende unha perspectiva de xénero
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organiza este mércores 23 o seminario ‘A dirección financeira: a súa función estratéxica na empresa e a súa compoñente humana dende unha perspectiva de xénero’. Celebrarase na Aula B a partir das 12.15 horas nunha mesa redonda na que tres profesionais da área financeira da empresa compartirá a súa experiencia en postos de máxima responsabilidade dentro do ámbito da xestión empresarial e a súa visión sobre diversas cuestións relativas a este posto profesional.
Na xornada está prevista que participen a directora financeira de Tórculo Comunicación Gráfica, Lucía Novo; a controladora financeira en Marine Instruments, Isabel Rico González; e a directora financeira do grupo CETUS, Luz Caaveiro. A sesión permitirá abordar diferentes cuestións relativas ao enfoque actual da función financeira e como inflúe no seu desempeño as características, tanto persoais como profesionais, da persoa que ocupa o posto de máxima responsabilidade nas finanzas da empresa. O tema será abordado dende a perspectiva de xénero para analizar as posibles diferenzas no desempeño directivo entre home e mulleres e cales son os retos pendente para superar posibles fendas nesta área empresarial.