Ir o contido principal
STG

Un seminario internacional analiza a edición de textos de Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós

O ‘Taller de Edicións’ celébrase xoves e venres na Facultade de Filoloxía

O I Seminario Internacional ‘Taller de Edicións’ analizará os textos de Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdos durante as xornadas do xoves 27 e o venres 28 no sala de videoconferencias da Facultade de Filoloxía. O congreso inaugurarase ás 9:30 horas, no Salón de Graos, nun acto presidido polo reitor da USC, Juan Casares, no que estará presente tamén a vicedecana, María José López, e o director do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Santiago Fernández e José Manuel González Herrán en representación do comité organizador. O seminario, contará coa presenza de expertos das universidades de Barcelona, Coimbra, Pau, Alicante, ademais dos da USC. Os poñentes analizarán temas tales como a ‘edición dos clásicos do realismo decimonónico’, ‘as variantes textuais nos contos de Pardo Bazán’ ou ‘no taller de Galdós: sobre o capítulo XV de Bodas Reales’ . A longo das dúas xornadas haberá un total de cinco sesións, que concluirán o venres 29 de abril coa mesa de conclusións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2011.