Ir o contido principal
STG

Seminario en Matemáticas sobre modelos para aplicacións na obtención de enerxía eólica

O profesor Antonio Crespo Martínez, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Politécnica de Madrid, impartirá en Matemáticas este martes 11 o seminario ‘Modelos numéricos para diferentes aplicacións na obtención de enerxía eólica’. Crespo presentará unha serie de modelos desenvolvidos polo seu grupo de investigación en Mecánica de Fluidos aplicada á Enxeñería Industrial como os de estimación de recursos e efectos orográficos ou as estelas de aeroturbinas. Tamén tratará brevemente outros temas como a predición e a aerodinámica de aeroturbinas.

O seminario terá lugar ás 11.00 horas na Aula de Informática 5 da Facultade de Matemáticas e poderá seguirse por videoconferencia na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.09.2012.