Ir o contido principal
STG

O Seminario Mulleres e Universidade da USC presenta un web educativo sobre a SIDA dirixido a adolescentes

'SIDA, por unha vez si que pode pasar algo' preséntase este martes ás 12:30 horas na Aula Magna de Ciencias da Educación

O Seminario Mulleres e Universidade da USC presenta nun acto público este martes, día 5, o web educativo ‘SIDA, por unha vez si que pode pasar algo’. Na presentación, que terá lugar ás 12:30 horas na Aula Magna da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur), participarán representantes do Seminario de Mulleres, da propia Facultade e das Consellarías de Educación e Ordenación Universitaria e de Sanidade.
‘Por unha vez si que pode pasar algo’ é un proxecto de xogo educativo dirixido a adolescentes co que, mesturando información e diversión, se lles achega a sensibilización sobre esta epidemia. O web consta dun cómic, un cuestionario e dous xogos tipo arcade.
Esta primeira versión será mellorada nos institutos de educación secundaria coa participación dos orientadores e do alumnado, para o que se escolleu unha mostra de trinta centros galegos tratando de que se vira representada a distinta tipoloxía do adolescente galego. A información aportada por estes centros ata xaneiro de 2008 permitirá a mellora do xogo para así poder ter a disposición de toda a comunidade educativa unha versión definitiva a comezos do próximo ano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2007.