Ir o contido principal
STG

Senén Barro recibiu en San Xerome ao prorreitor da Universidade de Porto

O reitor da USC recibiu este xoves no seu despacho ao prorreitor da Universidade de Porto, Manuel Janeira
O reitor da USC recibiu este xoves no seu despacho ao prorreitor da Universidade de Porto, Manuel Janeira

O reitor da USC, Senén Barro, recibiu no seu despacho de San Xerome ao prorreitor da Universidade de Porto, Manuel Janeira, que estivo acompañado dos profesores Luísa Garcia Fernández e João Martins. Na recepción estiveron ademais presentes o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, o director da Fundación CEER, Carlos Ferrás Sexto, o profesor Pedro Saco, a vicedirectora do Museo Luis Iglesias, Teresa Taboada, e Xan Guerra, membro do persoal do Museo.
Esta benvida deu paso a unha xuntanza entre as personalidades da Universidade de Porto e da USC para coordinar o desenvolvemento do Museo Virtual Universitario do CEER que agrupará de xeito telemático os recursos do patrimonio científico e histórico artísticos das seis universidades que forman parte do CEER.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2007.