Ir o contido principal
STG

O Servizo de Normalización Lingüística lanza un novo kit de terminoloxía centrado no eido da óptica oftálmica

Imaxe de arquivo de prácticas na USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de prácticas na USC. FOTO: Santi Alvite
O espazo contén termos esenciais deste ámbito de coñecemento, termos ilustrados, así como as Normas UNE de terminoloxía óptica

Co fin de difundir a terminoloxía da óptica oftálmica, o Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de publicar un kit de terminoloxía que recolle termos esenciais dese eido de coñecemento, termos ilustrados, así como as Normas UNE de terminoloxía óptica. O kit desenvolveuse en colaboración coa Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Óptica e Optometría. 

O glosario multilingüe de óptica oftálmica (galego-castelán-francés-inglés-italiano) recolle case 700 conceptos deste ámbito. Finalmente, ‘Monturas de anteollos: termos ilustrados’ identifica as partes básicas das monturas e descubre as súas denominacións en diversos idiomas. 

A óptica oftálmica é unha rama da óptica que abrangue as actuacións e os dispositivos empregados para mellorar a visión, corrixindo os defectos de refracción do ollo e as ametropías. Para facer iso, sérvese basicamente de lentes, sexan estas de anteollos, de contacto ou intraoculares. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.02.2026.