Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Sesión de contacontos do Xapón a cargo de Yoshi Hioki

Sesión de contacontos do Xapón a cargo de Yoshi Hioki
Sesión de contacontos do Xapón a cargo de Yoshi Hioki

O afamado narrador Yoshi Hioki ofrecerá este mércores 25 unha sesión de contacontos con historias tradicionais de Xapón. Poderá escoitarse ás 18.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. A entrada ao espectáculo, apto para maiores de 16 anos, é de balde ata completar aforo.

Pintor e narrador residente en Barcelona desde 1991, Yoshi Hioki dedícase a contar mitos, lendas e relatos literarios de todas as épocas do seu país. Desenvolve ademais diversas actividades como conferenciante e docente das actividades culturais para o Museo Etnolóxico de Barcelona e a Casa Asia. Membro da Associació de Narradores i Narradors, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona.

A sesión está organizada pola sección de xaponés do Centro de Linguas Modernas da USC, a Casa Galicia Japón e a Escola Oficial de Idiomas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2017.