Nova sesión do programa de concertos 'As noites musicais da Condesa'
A Residencia Universitaria Monte da Condesa celebra este mércores 18 unha nova sesión dos Concertos de músicos residentes coa actuación de Andrea Otero que estará acompañado polos tamén residentes Noelia Míguez, guitarra acústica; Mario Arranz, baixo eléctrico; e Alexandre Ríos, piano. O concerto desenvolverase a partir das 22:00 horas, con entrada libre.
O concerto inclúese no programa ‘As noites musicais da Condesa’, organizado polas bolsas de sociocultura, música e biblioteca da residencia universitaria e que conta co apoio e financiamento da Vicerreitoría de Cultura da USC. Ao longo da actuación os asistentes poderán gozar dun repertorio variado de temas que abrangue dende grupos como The Beatles ou Mecano ata clásicos de jazz inspirados nas interpretacións de mestres do xénero como Diana Krall ou Ella Fitzgerald.