Ir o contido principal
STG

Sinatura dun convenio entre USC e Concello mindoniense para o proxecto ‘Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio’

O reitor Juan Viaño e a alcaldesa Elena Candia rubricarán o acordo este martes, ás 11.00 horas, na Facultade de Humanidades

O reitor da USC, Juan Viaño, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, asinarán este martes, ás 11.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, un convenio entre as dúas institucións para o desenvolvemento do proxecto ‘Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio’, unha actuación encamiñada á realización dun estudo do patrimonio cultural mindoniense e á súa valorización.

A decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey; a profesora da USC e directora do Centro de Estudos da Historia da Cidade, Ana Goy Diz, e o tamén profesor na Facultade de Humanidades e secretario do Centro de Estudos da Historia da Cidade, Gonzalo Fernández Suárez, quen dirixirá o equipo encargado da realización dos traballos contemplados no convenio, tamén participarán no acto de sinatura deste convenio entre a USC e ao Concello de Mondoñedo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.05.2016.