"Só coñecemos de qué está feito o 4 por cento do universo", indicou o catedrático Carlos Pajares
“Só coñecemos de qué está feito o 4 por cento do universo. Somos uns ignorantes sobre a cuestión”, así o indicou o catedrático de Física de Partículas da USC, Carlos Pajares, na conferencia ‘Do máis pequeno ao máis grande do universo’ que tivo lugar este mércores na Facultade de Química. Tamén engadiu que os constituíntes descoñecidos son os que denominan como “materia e enerxía escura”.
Dirixida a todo o estudantado universitario, a charla centrouse en explicar a composición da materia dende o máis pequeno, os quarks e gluóns, ata o máis grande, as galaxias e as súas agrupacións en cúmulos.
Na conferencia, o catedrático apuntou moitas das incógnitas que quedan por resolver sobre o tema. Así, a pesares dos últimos avances, cómpre descubrir as partículas fundamentais, as Higgs, que “mostrarían cómo se chega ao proceso de diferenciación do universo e explicarían as súas orixes”.