A Sociedade Española de Parasitoloxía condecora ao catedrático da USC Manuel Sanmartín coa Medalla López Neyra

O catedrático de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago Manuel Luis Sanmartín Durán recibiu da Sociedade Española de Parasitoloxía (SEP) a Medalla López Neyra en recoñecemento ao seu destacado labor docente e investigador.
O galardón foille entregado en Madrid no transcurso da Asemblea Xeral da Sociedade celebrada no marco do X Congreso Ibérico de Parasitoloxía nun acto presidido polo profesor Más Coma, catedrático de Parasitoloxía da Universidade de Valencia e presidente da SEP, quen destacou a personalidade científica do profesor Sanmartín. En representación dos seus compañeiros de Departamento interveu o catedrático de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia da USC, Martínez Ubeira, quen realizou un breve relato do perfil humano deste científico. Finalizou a cerimonia cun emotivo discurso de agradecemento do galardoado, largamente ovacionado polos socios asistentes.
A Medalla López Neyra, en honra ao profesor López-Neyra (Córdoba, 1885/Granada, 1959) considerado o mestre fundador da Parasitoloxía en España, constitúe o máximo galardón que concede a SEP a personalidades españolas relevantes no campo da Parasitoloxía e só pode outorgarse como máximo unha vez cada dous anos. Sanmartín é o primeiro parasitólogo en activo recoñecido coa medalla no que vai do presente século e o undécimo premiado no ámbito nacional.
Manuel sanmartínO profesor Sanmartín iniciou a súa andaina no campo da parasitoloxía á idade de corenta anos, o que non lle impediu desenvolver un brillante labor docente e investigador, liderando un grupo de investigación que constitúe un referente en España e destacando polas súa sachegas ao coñecemento da inmunobioloxía de protozoos e helmintos, o deseño de novos métodos de inmunodiagnóstico de enfermidades parasitarias e a elaboración de vacinas para peixes. En relación coa temática mencionada, o grupo desenvolveu varias patentes.