Ir o contido principal
STG

Talía Teatro representa en Matemáticas a premiada Pelos na lingua

Organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, este xoves 22 ás 18:00 horas na Aula Magna do centro o grupo Talía Teatro interpretará a súa última produción, Pelos na lingua. A obra, unha comedia de case unha hora de duración, foi recoñecida cos premios María Casares e Max ao mellor texto teatral en galego. No elenco participan María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2012.