Ir o contido principal
STG

A teoría e a práctica dos corpus textuais centran a temática dun curso de verán da USC do 1 ao 5 de xullo na Facultade de Filoloxía

‘ Corpus textuais: teoría e práctica’ e o título do curso da Universidade de Verán da USC que se desenvolverá do 1 ao 5 de xullo na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Esta programa, dirixido por Victoria Vázquez Rojas e Guillermo Rojo, está estruturado en 30 horas lectivas e ofrece un máximo de 25 alumnos.

O obxectivo principal este curso, que conta con financiamento da Deputación Provincial da Coruña, é o de presentar os fundamentos e aplicacións da Lingüística de corpus a través do uso de diferentes tipos de corpus de español e de galego.

Os distintos relatores convidados para participar neste foro arredor dos corpus lingüísticos, entre os que se atopan profesores universitarios e investigadores do Centro de Estudos da Real Academia Española, abordarán nas súas respectivas intervencións algúns dos aspectos máis relevantes do deseño e construción de corpus, incluíndo a descrición dos procesos de codificación e anotación para o enriquecemento dos textos.

O prazo de matrícula nese curso estival da USC permanece aberto ata o próximo 21 de xuño. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición neste programa xa poden facelo na web da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2019.