Ir o contido principal
STG

Como transformar unha idea innovadora nun proxecto empresarial de éxito

O prazo de inscrición permanecerá aberto  ata o 25 de xuño de 2023 e poderá formalizarse a través dun formulario en liña
O prazo de inscrición permanecerá aberto  ata o 25 de xuño de 2023 e poderá formalizarse a través dun formulario en liña
O Campus Emprende Verán 2023, organizado pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento, formará o estudantado para que converta os seus TFG, TFM ou teses de doutoramento nunha iniciativa emprendedora
Lugo, Santiago de Compostela

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC lanza un Campus de Emprendemento para que o estudantado que teña unha idea de negocio baseada no seu Traballo Fin de Grao (TFG), Traballo Fin de Mestrado (TFM), tese de doutoramento ou nun concepto innovador poida desenvolver un proxecto empresarial de éxito. O Campus Emprende Verán 2023 terá lugar de forma presencial en Compostela (Centro de Estudos Avanzados), do luns 3 ao venres 7 de xullo de 2023; e en Lugo (Edificio Cactus) do luns 10 ao venres 14 de xullo.

A participación pode ser individual ou en equipo e a formación apostará por un modelo participativo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, que combinará a exposición de especialistas, charlas con persoas emprendedoras e titorías personalizadas telemáticas, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Como resultado da formación, o último día de cada campus as iniciativas participantes expoñerán o seu modelo de negocio diante do claustro formativo. O prazo de inscrición permanecerá aberto  ata o 25 de xuño de 2023 e poderá formalizarse a través dun formulario en liña. 

Ferramentas de xestión estratéxica que permitan analizar e crear modelos de negocio como é o caso de CANVAS, o estudo de mercado, e os plans organizativo e financeiro serán algúns dos temas abordados xunto coa exposición de exemplos emprendedores.  
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.06.2023.