Ir o contido principal
STG

Últimos días para formalizar a inscrición nos exames de certificación de italiano como lingua estranxeira e de francés xurídico profesional

Últimos días para formalizar a inscrición nos exames de certificación de italiano como lingua estranxeira e de francés xurídico profesional
Últimos días para formalizar a inscrición nos exames de certificación de italiano como lingua estranxeira e de francés xurídico profesional

Nos vindeiros días rematan os prazos de inscrición para os exames correspondentes á Certificazione di Italiano come lingua straniera (CILS 2014), ao Diplôme de Français Professionnel Juridique B2 (DFP), ao tempo que se abrirá a matrícula para as Certificats de Llengua Catalana, dos que a Universidade de Santiago de Compostela é centro examinador a través do seu Centro de Linguas Modernas (CLM). CILS O período de matrícula para CILS 2014 estenderase ata o 11 de abril. Este é un título de certificación que comprende seis niveis segundo o o Common European Framework of Reference do Consello de Europa. No CLM da Universidade compostelá poderase realizar o próximo 5 de xuño a proba correspondente ao CILS DUE-B2. Na páxina web da Università per Stranieri di Siena pode consultarse o manual Le Linee guida CILS onde as persoas interesadas poderán atopar tanto a descrición pormenorizada dos contidos de cada un dos niveis como a descrición das probas. Na mesma páxina web atópanse tamén exames de convocatorias pasadas coas súas correspondentes claves e criterios de corrección. DFP A preinscrición nesta proba é necesario realizala antes do 20 de abril, mentres que a data límite para a matrícula será o día 30 dese mesmo mes. A data do exame está pendente de determinar, aínda que previsiblemente se celebrará entre o 16 e o 20 de xuño. Este exame certifica a competencia de nivel B2 (segundo o Marco Europeo de Referencia para as Linguas) e vai dirixido a persoas que, logo de cursar entre 450 e 500 horas de francés e ser capaces de utilizar o idioma de forma eficaz, traballan ou desexan traballar con xuristas francófonos e con documentos xurídicos redactados en francés. Dende o 2014 o DFP organízase no CLM en colaboración co Departamento de Francés da Facultade de Filoloxía da USC. A información sobre o exame así como un modelo da proba está dispoñible na páxina web do Centre de Langue Française de la Cámara de Comercio e Industria de París. Catalán A USC colabora co Institut Ramon Llull na realización das probas oficiais para a obtención dos Certificats de Llengua Catalana que emite o instituto catalán, encargado da avaliación e certificación dos coñecementos de lingua catalá fóra do dominio lingüístico.Estas certificacións permiten acreditar o grao de coñecemento da lingua catalá tanto a efectos académicos como laborais (administración pública, empresas, institucións) e teñen, a todos os efectos, a mesma validez e eficacia que as que expide a Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya e o Govern de les Illes Balears.

As persoas inscritas deberán agora formalizar a matrícula, entre os días 11 e 28 de abril. As probas realizaranse no mes de maio na Casa de Europa (Parque de Vista Alegre). O CLM ofrece dous cursos cuadrimestrais de preparación para o acceso aos certificados de nivel Elemental (B1), Intermedi (B2) e Suficiencia (C1), dirixido a todos aqueles que estean interesados en se presentaren a algún dos niveis mencionados (ver cursos ofertados no CLM).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2014.