Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

Últimos días para participar no Programa de Bolsas Prácticas de Fundación ONCE - CRUE

O prazo para a presentación de candidaturas foi ampliado ata o 31 de decembro. Imaxe: Canva
O prazo para a presentación de candidaturas foi ampliado ata o 31 de decembro. Imaxe: Canva
O prazo para inscribirse nesta iniciativa cara a unha mellor empregabilidade do estudantado con discapacidade esténdese ata o 31 de decembro

A través do Programa de Bolsas-Prácticas Fundación ONCE-CRUE, a Universidade de Santiago de Compostela procura facilitarlle ao estudantado universitario con discapacidade o desenvolvemento de prácticas académicas externas, promovendo así a mellora da súa empregabilidade e o seu futuro profesional.  

Para o curso 2022-2023, o programa convoca 4 bolsas coas que pretende impulsar a súa carreira profesional e favorecer o acceso a unha primeira experiencia laboral. As prácticas poderán desenvolverse en modalidade presencial ou virtual tanto en grandes empresas, como en PEMES, microempresas, entidades de Economía Social e do terceiro sector, ou noutras institucións e entidades públicas ou privadas. O período de realización será de tres meses e contarán cunha contía total de 1.800 euros. 

O programa diríxese ao estudantado con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, matriculado nun grao ou mestrado na Universidade de Santiago de Compostela e que teña superado máis do 50% dos créditos da titulación correspondente. 

O prazo para a presentación de candidaturas foi ampliado ata o 31 de decembro e pode realizarse a través da seguinte ligazón. Calquera consulta sobre a xestión do programa, pódese facer a través do enderezo electrónico orientacion.laboral.santiago@usc.es 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2023.