A Unidade de Trastornos Depresivos organiza un obradoiro de terapia condutual breve en grupo para tratar a depresión
A Unidade de Trastornos Depresivos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago organiza a partir do día 11 de abril o obradoiro ‘Terapia condutual breve en grupo para a depresión’ . É unha acción formación cunha carga lectiva de 30 horas, que dirixen o profesor Fernando L. Vázquez e a profesora Ángela Torres. A matrícula ten un custe de 40 euros para estudantes e persoas desempregadas e de 60 para o resto de participantes. Ao finalizar o curso se entregará un certificado de asistencia, podendo solicitarse 1 crédito de libre configuración. O prazo de inscrición finaliza o próximo 9 de abril. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao enderezo de unidadtrastornosdepresivos [at] gmail.com (correo electrónico da Unidade).