Ir o contido principal
STG

A Universidade de Santiago celebra este martes cun acto literario o Día das Letras Galegas

A Universidade de Santiago celebrará o Día das Letras Galegas este martes, día 15, cun acto literario que, presidido polo vicerreitor de Cultura, Elías Torres, terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 12:00 horas.
O director do Departamento de Filoloxía Galega, Xosé Luís Regueira, será o encargado de presentar o volume María Mariño Carou. Día das Letras Galegas 2007 co que a institución compostelá lle rende homenaxe á escritora galega. Deseguido, a profesora Carmen Blanco, do mesmo Departamento, pronunciará a conferencia ‘O misterio María Mariño’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2007.