Ir o contido principal
STG

A USC acolle en abril a fase galega da Olimpíada de Economía

A USC acolle en abril a fase galega da Olimpíada de Economía
A USC acolle en abril a fase galega da Olimpíada de Economía

O alumnado de calquera centro galego da ESO matriculado na materia ‘economía da empresa’ de segundo de bacharelato ten o vindeiro 9 de abril unha boa oportunidade para demostrar os seus coñecementos neste ámbito. Ese día a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago acollerá a fase galega da Olimpíada de Economía, un certame que trata de incentivar e estimular o seu estudo entre a xuventude, premiar o esforzo e a excelencia académica e establecer vínculos estables entre o alumnado, as facultades, os centros de educación secundaria e os seus profesores. Quen participe, previa inscrición, deberá contestar nun tempo máximo de dúas horas e media seis preguntas sobre conceptos propios dos currículos da materia ‘Economía da Empresa’ de segundo de bacharelato e ‘Economía’ de primeiro. A organización –as tres universidades galegas e a Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria- agasallará aos tres mellores estudantes cun ordenador portátil.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.02.2015.