Ir o contido principal
STG

A USC acolle a fase final da II Olimpíada Galega de Química

A entrega de premios comeza ás 18:00 horas coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia

A Facultade de Química está sendo ao longo de todo este xoves sede a fase final da II Olimpíada Galega de Química para alumnos de ESO á que acoden 73 estudantes seleccionados de entre os 323 que participaron nas fases de zona celebradas a finais de abril en oito cidades galegas.
Nesta segunda edición presentáronse nove proxectos integrados en representación doutros tantos centros escolares de Galicia. Cada proxecto defenderano tres alumnos ante o tribunal, acompañando a presentación dunha memoria descritiva.
Ademais desta final por proxectos, desenvolveuse unha competición individual na que os alumnos debían resolver unha serie de problemas e cuestións tipo test nun tempo máximo de dúas horas.
A entrega de diplomas e medallas aos estudantes vencedores comezará ás 18:00 horas nun acto no que intervirán o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o decano do Colexio de Químicos de Galicia, Antonio Macho; e o presidente de Alcoa España, José Ramón Camino.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.05.2010.