A USC acolle a primeira fase de clasificación do Campionato de España universitario de voleibol feminino
O Pavillón Polideportivo do Campus Sur da USC acolle a primeira fase de clasificación do Campionato de España universitario de voleibol feminino. Organizados pola Vicerreitoría de Cultura, os partidos, que se disputarán os días 20, 21 e 22, contarán coa participación dos equipos das universidades de Santiago, A Rioxa, Cantabria, Navarra, As Palmas, e a Politécnica de Barcelona. O equipo gañador desta etapa pasará á fase final deste campionato que se disputará en breve.
Para participar nestas competicións de clasificación estatal, as xogadoras da USC tiveron que gañar con anterioridade aos equipos das universidade de Vigo e A Coruña no Campionato de Galicia universitario de voleibol feminino celebrado o pasado día 7 deste mes nas instalacións situadas no Campus Sur do centro docente compostelá.