Ir o contido principal
STG

A USC afianza o seu número de matriculados

Un total de 28.910 estudantes formalizaron a súa matrícula na Universidade de Santiago de Compostela este curso académico, cifra que se sitúa en rexistros lixeiramente superiores aos de 2008-2009 cando por primeira vez na década se rachou coa tendencia común no norte do país de descenso no número de matriculados.
Segundo datos presentados esta mañá polo reitor Senén Barro en rolda de prensa, o Campus de Santiago contabiliza 18.949 estudantes matriculados en titulacións de 1º e 2º Ciclo, aos que se suman 4.791 de Lugo. Respecto da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, os estudantes en grao ascenden a 2.854 en Compostela e a 292 en Lugo. En másters son un total de 1.240 (931 en Santiago), mentres que os matriculados en 3º Ciclo, exceptuando os que se atopan en etapa de tese, son 779.
ProcedenciaA maior parte dos estudantes son galegos, sendo a da Coruña a provincia que máis achega en calquera das modalidades de matrícula. Séguenlle, por orde, Pontevedra e Lugo. Do resto de España hai preto de catro mil estudantes procedentes de practicamente todas as provincias españolas. Só en 1º e 2º Ciclo matriculáronse 390 de Asturias, 153 de Barcelona, 243 de Madrid, 184 de León ou 113 de Vizcaia.
Os alumnosestranxeiros na USC proceden de oitenta países arredor de todo o mundo, maioritariamente de Europa pero tamén de países como Afganistán, Australia, Filipinas, Kirguizistán, Franxa de Gaza, República de Corea, Bosnia, Bangladesh, Pakistán, Xapón, Camboia ou Camerún.
SelectividadeA USC volve, igual que o ano pasado, a ter catro titulacións entre as de maior nota de corte do Sistema Universitario Galego. Trátase das licenciaturas en Medicina (8,54) e Odontoloxía (8,07) e dos graos en Comunicación Audiovisual (7.35) e Xornalismo (7,10). Ademais, dos vinte alumnos que obtiveron o premio extraordinario de bacharelato correspondente ao curso 2008-09, a metade seguen os seus estudos na USC. Nesta mesma liña, dos 391 estudantes cos mellores expedientes nas probas de acceso á universidade, máis da metade, 215 matriculáronse en diversas titulacións de USC da USC neste curso.

A tendencia á alzan tamén queda reflectida nos datos relativos aos estudantes de 1º que se matriculan por vez primeira e que en 2009-2010 ascenderon a 5.273 fronte aos 5.090 do pasado período académico. Neste senso, existe unha tendencia similar en graos e posgraos se se atende ao xénero dos matriculados. O 62,3 da matrículas en graos ou titulacións de 1º e 2º Ciclo son de mulleres, tendencia moi similar á rexistrada nas primeira matrículas en másters, cunha porcentaxe do 61,51 por cento.
Titulacións con límiteA pesar do aumento en 2009-2010 do número de titulacións con límite de prazas, a USC cubriu a práctica totalidade da oferta destas titulacións, tanto en Santiago como en Lugo.
Respecto da adaptación das distintas titulacións ao Espazo Europeo de Educación Superior, o reitor destacou a evolución experimentada na Facultade de Filoloxía, onde a reordenación das titulacións que acubilla nos novos graos supuxo que esta Facultade teña 227 novos alumnos fronte aos 163 do pasado curso. De feito, a oferta nesta área concéntrase nos graos en Filoloxía Clásica e nos de Lingua e Literatura Española, Galega, Inglesa e Moderna, cando o pasado ano contabilizábanse un total de nove filoloxías.
Evolución á alza tamén se aprecia nos novos graos en Xeografía e Ordenación do Territorio con 25 novos alumnos (fronte aos 19 da Licenciatura en Xeografía) ou os 64 do grao en Física fronte aos 42 da licenciatura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2009.