Ir o contido principal
STG

A USC celebra a chegada do Ano Novo chino

A Universidade de Santiago de Compostela celebra este xoves 19 o Ano Novo chino nunha xornada a celebrar na Facultade de Filoloxía e na que haberá xogos interactivos, demostracións de artes marciais e caligrafía e degustacións gastronómicas. A xornada, tamén coñecida como Festa da Primavera, comezará ás 19.00 horas e alongarase durante máis de dúas horas. A USC ten matriculados este curso 130 estudantes procedentes de 22 universidades chinas a través de convenios bilaterais de intercambio. Cinco deles estudan enteiramente en Santiago o grao en Lingua e Literatura Españolas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2015.