Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

A USC celebra as letras galegas este martes cun acto literario

A USC celebra as letras galegas este martes cun acto literario
A USC celebra as letras galegas este martes cun acto literario

Con motivo da celebración esta semana do Día das Letras Galegas, a Universidade de Santiago de Compostela organiza este martes 12 un acto literario no que o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, pronunciará a conferencia ‘Filgueira Valverde e a USC antes e despois de 1936’ . No acto, que preside o reitor Juan Viaño ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o catedrático de Filoloxía Galega da USC Anxo Tarrío Varela presentará ademais o volume ‘ Xosé Filgueira Valverde. Día das Letras Galegas 2015’ de cuxa edición é responsable. Nesta cita coas letras galegas na USC está prevista tamén a participación do director do Departamento de Filoloxía Galega, Francisco Cidrás Escaneo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2015.